A Meiga Maior Jennifer Bermúdez e a Meiga Maior Infantil Alejandra López en compañía das súas respectivas damas de honra asistiron hoxe domingo ao oficio relixioso que se celebrou ás 11,30 na Praza de María Pita co motivo da celebración da festividade do Corpus Christi. Durante a Santa Misa, á que asistiron numerosos coruñeses, a Meiga Maior estivo acompañada do Concelleiro Delegado de Infraestruturas D. Esteban Lareo. As Meigas igualmente participaron na Procesión do Corpus acompañando á Sacra Forma ata a Igrexa da Colexiata.
Alberto Veira.
Podes ver unha pequena reportaxe fotográfica en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario